Ene 21 2008

Profile Image of Espiral
Espiral

TIC

Publicado en 10:29 pm en Blogs de profesor@s

El coordinador  TIC del CPI Don Aurelio, Alberto Armada, nos envía el blog TIC para la categoría blog de profesores y profesoras.

“Este é o blog do coordinador TIC do CPI Don Aurelio De Cuntis (Pontevedra). Empecei a bloguear coa intención de achegar ás compañeiras e ós compañeiros do meu centro (46 profesores/as de Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria) recursos TIC para aplicar nas súas clases, ó tempo que para coordinar a través de internet a implementación das TIC, xa que na realidade diaria resúltame imposible facer algo relevante coas dúas horas de coordinación semanal de que dispoño. Tamén confeccionei un wiki para o profesorado do centro, outro para a miña tutoría de 5º de Primaria e un blog de tutoría, todos enlazados entre si. A día de hoxe a resposta do profesorado do meu centro é escasísima, pero temos algúns blogs máis de alumn@s e profesores/as. Agardo que en Galicia cheguen mellores tempos para a introducción das TIC na educación, porque non temos ningún apoio institucional e, de seguirmos así, o traballo de bastantes profesores/as poderá ser aproveitado dende outras comunidades e países máis comprometidos con todo isto, pero non revertirá o suficiente na educación d@s galeg@s. Manteremos a esperanza.”

No hay comentarios aún

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

You must be logged in to post a comment.