Abr 15 2008

Profile Image of Espiral
Espiral

Trafegando ronseis

Publicado en 5:51 pm en Blogs Colectivos

Gracia Santorum y Xosé Anxo Fernández nos presentan el blog Trafegando ronseis para la categoría de Blogs Colectivos.

“Somos dous profesores que traballaban no mesmo centro levando a biblioteca e realizando diferentes actividades culturais e de promoción á lectura. Cando o destino (físico) os separou, decidiron construír este blogue como método de unión entre ambos e o alumnado dos dous centros, pois a eles sobre todo vai dirixido. Un lazo virtual que reune e acorta distancias. E un lugar de encontro a motivacións comúns e diferentes.

Trafegando ronseis é tanto un punto de reflexión sobre os Dereitos Humanos como un centro de recursos, un aporte de información na nosa lingua -e isto é primordial- que abrangue materias e actualidade, unha dose de humor e outra de deshumor ante as inxustizas, unha chamada de atención e un eixe de comunicación. Pretendemos axudar a formar a nosa xuventude na insistencia da defenda da igualdade, da paz, da xustiza a través da denuncia do incumprimento destes nosos dereitos, creando unha fiestra dende a cal o noso alumnado poida asomarse para achegarse a unha realidade que ás veces parece demasiado afastada. Un pequeno universo que se constrúe polas aportacións dun alumnado que demanda e aporta, e que foi quen de motivar a creación dos seus dous irmáns pequenos, ambos clubs de lectura (un virtual e outro real) como unha nova ventá case literaria.”

“Somos dos profesores que trabajaban en el mismo centro llevando la biblioteca y realizando diferentes actividades culturales y de promoción de la lectura. Cuando el destino (físico) los separó, decidieron construir este blog como método de unión entre ambos y el alumnado de los dos centros, pues a ellos sobre todo va dirigido. Un lazo virtual que reune y acorta distancias. Y un lugar de encuentro a motivaciones comunes y diferentes.

Trafegando ronseis es tanto un punto de reflexión sobre los Derechos Humanos como un centro de recursos, un aporte de información en nuestra lengua -esto es primordial- que abarca materias y actualidad, una dosis de humor y otra de deshumor ante las injusticias, una llamada de atención y un eje de comunicación. Pretendemos ayudar a formar a nuestra juventud en la insistencia de la defensa de la igualdad, de la paz, de la justicia, a través de la denuncia del incumplimiento de estos nuestros derechos, creando una ventana desde la cual nuestro alumnado pueda asomarse para acercarse a una realidad que a veces parece demasiado lejana. Un pequeño universo que se construye por la aportación de un alumnado que pide y aporta, y que fue capaz de motivar la creación de sus dos hermanos pequeños, ambos clubs de lectura (uno virtual y otro real) como una nueva puerta casi literaria.”

Hay 13 comentarios

13 Responses to “Trafegando ronseis”

  1. Montseon 17 Abr 2008 at 12:18 pm 1

    Me encanta reflexionar, aprender, informarme, reír, jugar,…con Gracia y Anxo. En el “espacio virtual” las distancias no existen y me siento unida a Trafegando ronseis.
    Forman parte de mi selección preferida de lecturas bloggeras diarias.
    Ánimos!

  2. Susoteon 20 Abr 2008 at 9:00 pm 2

    Un blogue cheo de sensibilidade. É imposible non atopar algo que estea dentro dos intereses de quen o visita, cunha selección exquisita de temas e contidos.
    Altamente recomendable, para aprender, para reflexionar, para divertirte, para relaxarte, para concienciarte, para encantarte… todo un ronsel de delicias.
    Grazas por ofrecernos tan excelente traballo, agardamos e desexamos que así se vos recoñeza.
    Un agarimoso saúdo.

  3. Antonio Martínezon 24 Abr 2008 at 9:53 pm 3

    Magnífico blogue. Non só temos uns comentarios e unhas críticas literarias, senón que non se descoida aspectos “máis” científicos ou pasatempos. Este blogue é xa un referente en Galicia para estar informados sobre os dereitos humanos e sobre a sobre a situación da MULLER. E todo feito con espero, cariño e deseño.
    Magnífico blogue.
    Parabéns e sorte

  4. Pilaron 25 Abr 2008 at 8:28 am 4

    Un blog muy interesante por su contenido y continente.
    Siempre encuentras la actualidad vista por los ojos atentos de alguien sensible a lo social y a lo que de poético hay en esa realidad.
    Pero no solo me interesa por eso. Creo que también se debe valorar el hecho de que pueda continuarse un trabajo a pesar de que los profesores que lo han iniciado estén en diferentes centros; ahora comunicándose con grupos de alumnos/as diferentes, que también consiguirán poner en contacto.

  5. Martiñoon 25 Abr 2008 at 6:10 pm 5

    Son un ex-alumno de anxo e alumno de Gracia. Facer un blog foi unha das ideas máis interesantes que puideron ter, ademais é difícil atopar un blog tan cheo de emocións, sentimentos e reflexións e todas elas elaboradas con moito paciencia.
    Moitos Saúdos

  6. Loly Lagoon 28 Abr 2008 at 5:12 pm 6

    Magnífico blogue no que o fomento da lectura, a transmisión de valores e a loita polos dereitos humanos son algúns dos seus principais obxectivos.
    Un espazo para a reflexión.
    Parabéns!

  7. Rosana Rodileson 29 Abr 2008 at 8:03 pm 7

    É un referente para o resto dos blogues, creativo, imaxinativo, actual… Magnífico que se manteña a pesar da distancia; é verdade que agora non existen, e eles demóstranolo.
    Parabéns e moita sorte!

  8. Charo Sánchez-Gabrielon 29 Abr 2008 at 8:10 pm 8

    Trafegando Ronseis é un blog magnífico que crea adicción. Unha vez que o visitas xa estás atrapado e forma parte da túa cotidianedade. Ten altura, variedade, sentimento e emoción e ao mesmo tempo é totalmente riguroso. É un auténtico privilexio do que podemos disfrutar gratis todos os días grazas a Anxo e Gracia e ao seu inmenso traballo.

  9. Juliaon 29 Abr 2008 at 9:32 pm 9

    Trafegando Ronseis é un blogue de obrigada visita para os que buscan na blogosfera actualidade, creatividade e orixinalidade. De temática variada sempre atopamos nel algún motivo para a reflexión. Parabéns!

  10. Benion 29 Abr 2008 at 10:27 pm 10

    Un blog fermoso en todos os sentidos: destila compromiso co ensino e coa vida. Referencia en galiza polo seu traballo creativo tan cercano e sensible. Grazas Anxo e Gracia por manter este blog polo que todos nos damos unha volta e sempre aprendemos algo.

  11. Marioon 30 Abr 2008 at 10:16 am 11

    Marabilla, marabilla… todo un centro de recursos. Que maneira máis militante de alargar o mundo! Espertarei no próximo século e estaredes aí. Gracia, Anxo, meus: resistide, sen que se vos arruíne a cabeziña!

  12. Olga R.on 30 Abr 2008 at 11:00 am 12

    Encántame este blog. Sempre aprendemos algo. Sempre nos conecta con esa outra parte da realidade que tamén está aí… anque ás veces, non tan visible: ese é o seu gran valor.

  13. Marina Engrobaon 18 Mar 2009 at 6:28 pm 13

    Buque insignia dos dereitos humanos e da lectura neste país. Magnífico blog.

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

You must be logged in to post a comment.