Abr 28 2008

Profile Image of Espiral
Espiral

O recanto de Mik

Publicado en 4:26 pm en Blogs de Centros

 Nos presentan el blog O recanto de Mik para la categoría de Blogs de Centros.

Este blog naceu cunha doble finalidade: por unha banda, facer máis visible a nosa Biblioteca e as actividades que nela se levan a cabo, e por outra, utilizalo como elemento motivador para o alumnado nas actividades de fomento da lectura e da creación escrita, de xeito que fora a canle pola que saíran fóra do Centro as creacións dos alumn@s. Ademais dos obxectivos para o que foi inicialmente deseñado pouco a pouco vai tomando protagonismo na introdución das novas tecnoloxías no Centro, así como tamén procuramos que profesorado, alumnado e familias atopen recursos que faciliten as tarefas educativas.

Hay 38 comentarios

38 Responses to “O recanto de Mik”

  1. Gracia Santorumon 28 Abr 2008 at 10:07 pm 1

    Un blogue que anima ao alumnado máis novo a sentar a ler ao mesmo tempo que comprenden que isto é diversión… non se pode pedir máis a uns nenos e nenas que comprenden o valor da lectura como base da cultura.

  2. Rosana Rodileson 29 Abr 2008 at 8:09 pm 2

    Son unha admiradora do voso blogue; xa o sabedes. Deséxovos moita sorte e que o voso blogue siga brillando.´
    Saúdos : )

  3. Pilaron 30 Abr 2008 at 8:50 am 3

    Certamente é un blogue que dá a coñecer as actividades da biblioteca do centro e que, ademais, se constitúe en vía de comunicación dxo CEIP con toda a comunidade educativa. Coma un xornal con arquivo e unha porta de acceso a moitas outras.

  4. Olga R.on 30 Abr 2008 at 10:46 am 4

    O que máis me gusta deste blog é como comunica a toda a comunidade educativa. Un blog para os rapaces, as familias e os profesores. ¿Pódese pedir máis?

  5. Chus Veleiroon 30 Abr 2008 at 11:01 am 5

    Eu son profe , e estou abraiada das actividades desta biblioteca que quedan perfectamente reflexadas no blogue. Tamén os meus parabéns a quen fai posible que esto sexa así . Noraboa.

  6. Loly Lagoon 30 Abr 2008 at 3:20 pm 6

    É un pracer facer esta andaina en tan boa compañía.
    Parabéns polo voso magnífico traballo.

  7. Cristina Marquezon 30 Abr 2008 at 11:02 pm 7

    De pronto tenemos entre manos un arma formidable.Empezó muy timidamente,pero dia a dia… los niños, los padres, los profes nos encontramos echando una miradita a diario para ver lo que se cuece. Esperamos novedades, comentarios y tratamos de encontrar respuesta a la “adiviña” a ver si hoy ¡por fin! conseguimos algun mikopunto.
    Pero, además de todo esto, también encontramos formas inteligentes de encontrar información,nuevos tratamientos para hacer llegar de forma amena y rápida algunos temas,maneras de darle la vuelta a nuestra labor educativa y de situarnos ante nuestros retos con un nuevo arsenal. ¡De nosotros depende!.

  8. Ubaldo Vázquezon 01 May 2008 at 12:27 am 8

    Di unha máxima exipcia: “as bibliotecas encerran medicamentos para a alma, como as farmacias para o corpo”
    Con este blog conseguides liberar os medicamentos quedando ao alcance de todos.
    Un traballo espectacular que seguro que xa está dando os seus froitos. Noraboa

  9. Sergioon 01 May 2008 at 12:21 pm 9

    É gratificante ver como os nosos fillos acoden con ilusión a visitar este espacio, onde atopan cousas que lles interesan cun formato atractivo e pensado para eles. Tamén nós, os adultos vivimos o día a día desta biblioteca gracias a esta fiestra virtual. Noraboa polo fantástico labor realizado.

  10. Juliaon 01 May 2008 at 12:50 pm 10

    Grazas a tod@s polos vosos comentarios. Sinto que neste percorrido, iniciado con tanta ilusión e entusiasmo, tentando acercar aos máis novos o mundo marabilloso dos libros e da lectura, non camiñamos sós, imos collid@s das mans, empurrados polo ánimo e o alento que nos dá o convencemento de que ao meter ás novas xeneracións nas Bibliotecas estamos construindo un mundo mellor. E observo con alegría que moit@s deles están entrando por este buraquiño virtual…

  11. Lolaon 01 May 2008 at 4:32 pm 11

    Muchos son los senderos que llevan a la “cumbre del saber”,este blog es uno de ellos.
    Soy una visitante habitual y siempre encuentro cosas que me ayudan,divierten,enseñan o simplemente me hacen pasar un rato agradable.
    Gracias a todos los colaboradores y a su “jefa”
    ¡Adelante!llegareis muy lejos

  12. Raquel García.on 01 May 2008 at 4:34 pm 12

    Eu visito con frecuencia este blogue porque sempre atopo cousas moi interesantes que ver e gústanme moito os libros que recomendan e as actividades propostas pola biblioteca, como as adiviñas. Tamén me gustan moito os contos que escriben os nenos e nenas.

  13. Fátimaon 01 May 2008 at 10:30 pm 13

    O Recanto de Mik é un blog cheo de frescura. Está moi ben organizado e ten un mntón de actividades para toda a comunidade eucativa. Sorte, Mik

  14. Paulaon 02 May 2008 at 12:06 pm 14

    Todos los días visito este blog porque siempre encuentro cosas interesantes y divertidas. También me entero de todo lo que se organiza en la biblioteca y me gusta mucho. Casi siempre leo los libros que recomiendan para mi edad porque saben muy bien lo que nos gusta. Mik es estupendo y muy simpático.

  15. Andreaon 02 May 2008 at 12:15 pm 15

    É para min unha satisfacción como docente atopar unha paxina chea de contidos tan apropiados para os nenos de E.P. , presentados dun xeito tan ameno e en continua renovación. Noraboa polo traballo realizado, e seguide por esa senda.

  16. Cristinaon 02 May 2008 at 10:21 pm 16

    Me gusta mucho este blog. Tiene un formato diferente y atractivo, sus contenidos van dirigidos a todas las edades y siempre encuentro algo que me interesa: una recomendación de lectura, un enlace interesante, un video, una foto… Permite además estar al tanto de todo lo que ocurre en la biblioteca y en el centro.
    Mis felicitaciones para los artífices de este blog, que refleja la ilusión por el trabajo bien hecho.

  17. Carmenon 03 May 2008 at 8:12 pm 17

    Visito moito este blog,porque me gusta como desde a súa biblioteca animan os nenos/as a ler e a escribir.
    É un blog moi atractivo,didáctico e cheo de actividades preciosas que seguro farán bos lectores.
    Encántanme os videos elaborados pola encargada da biblioteca.
    Noraboa e moita sorte.

  18. inmaon 03 May 2008 at 9:29 pm 18

    Antes de nada, un saúdo ó equipo que fai posible este blogue. Como docente, encantame acudir aquí porque, aparte do seu deseño ameno e da súa estructura que fai moi facil o navegar por el, atopo ideas, suxerencias e materiais que me son de utilidade no meu labor diario cos alumnos. Noraboa polo extraordinario labor que estades a realizar.

  19. Guillermoon 03 May 2008 at 11:40 pm 19

    Se un libro é unha fiestra aberta ó mundo, unha páxina coma esta que estades a compartir con todos nós é unha galería pola que desfilan novidades, pola que se asoman as creacións, que nos depara agradables sorpresas e que nos proporciona momentos de lecer gracias á variedade dos seus contidos e a súa coidada presentación.

  20. Charo Bautistaon 05 May 2008 at 12:12 pm 20

    A imaxinación ao poder!!!…Gústame moito as ideas e contos publicados neste blog,axúdanos a seguir adiante co noso cometido…inducir a todolos nenos e nenas a “navegar” no interesante mundo da lectura(que rima con “aventura”).Ánimo a todos e todas a seguir por este vieiro…Bicos

  21. lupeon 05 May 2008 at 3:50 pm 21

    Fantástica escaparate de actividades.Felicitacións .É ,sempre, un pracer visitarvos e atopar tantas novidades.

  22. Juliaon 05 May 2008 at 6:52 pm 22

    Moitas grazas a tod@s novamente. Síntome recompensada co voso apoio e co agarimo que me trasmitides, e penso que calquera esforzo xa ten merecido a pena.
    Apertas.

  23. Luzon 06 May 2008 at 3:34 pm 23

    A min encantame O Recanto de Mik porque vexo moito traballo dos nenos, sinxelo e moi motivador. Parabéns para a encargada de levalo a cabo. Änimo colega, tí vales moito.
    Bicos

  24. Tereon 06 May 2008 at 10:14 pm 24

    Me gusta mucho este blog y acudo a él con frecuencia buscando ideas y recursos que me ayuden en el aula. Aprecio su estética porque creo que está pensado para que resulte atractivo a los niños/as al mismo tiempo que utiliza una forma de comunicar muy acertada. Los contenidos son variados y su presentación muy atractiva.
    Es un puente perfecto entre la Biblioteca y el exterior, por donde salen novedades, propuestas de lectura y el día a día del Centro.
    ¡Enhorabuena por tan fabuloso trabajo!

  25. Marinaon 06 May 2008 at 10:21 pm 25

    É un pracer asomarse por esta fiestra e atopar paxinas como O recanto de Mik, onde teñen cabida non so as novas para os maiores, senón tamén as creacións dos máis cativos. Ánimo e adiante.

  26. Cristinaon 06 May 2008 at 10:50 pm 26

    Enhorabuena! O recanto de Mik ya es finalista, en la categoría de centros, para el II Premio Espiral edublogs08. Esperamos con los dedos cruzados a ver si el próximo dia 15 de Mayo recibimos una alegría. Ánimo compañera, esto compensa todos los agobios.

  27. Gelion 06 May 2008 at 11:01 pm 27

    Son las 12 de la noche y un día más, antes de acostarme, entro en esta maravillosa y trabajada página, en la que gracias al teson de nuestra profe Julia y su equipo, logran que nuestr@s hij@s convivan y disfruten del placer de leer. Nosotros, como padres, nos enorgullece el interés por la lectura, que día a día está creciendo en nuestra hija y todo se lo debemos al esfuerzo del profesorado del Colegio PUBLICO Maestros Goldar.
    ¡ Si tuviese que valorar este examen sacariais un SOBRESALIENTE.! Felicidades y gracias.

  28. guillermoon 07 May 2008 at 9:46 am 28

    Noraboa polo recoñecemento que xa está a ter este blogue. Da gusto ver como alumnos, pais, mestres e en xeral a comunidade educativa valoran o traballo que estades a facer. Ánimo, que o 15 de maio xa está ahí e teremos que felicitarvos de novo.

  29. Tereon 07 May 2008 at 1:59 pm 29

    Felicitaciones a los responsables de este blog por estar en el grupo de los finalistas. ¡El trabajo bien hecho siempre tiene una recompensa!

  30. Chuson 07 May 2008 at 5:47 pm 30

    Como profesora deste centro síntome moi satisfeita cos froitos acadados grazas a este blog.O noso alumnado participa activamente coas súas creacións e cos seus comentarios e ó mesmo tempo sérvenos como ferramenta para introducir as novas tecnoloxías no noso labor de aula . E agora sintome moi feliz por ser finalistas no Premio Edublogs 08. Noraboa.

  31. Isabel Vázquezon 07 May 2008 at 6:48 pm 31

    Noraboa!E o recoñecemento do magnífico traballo que facedes. Unha aperta dende Moaña!!!

  32. Fátimaon 07 May 2008 at 9:22 pm 32

    Máis parabéns desde Valadares. Gran traballo e moito tempo empregado, pero con premio ben merecido. UN BICO.

  33. miguelon 08 May 2008 at 1:53 am 33

    Noraboa ós autores do blog o recanto de miki. Pola cantidade e calidade da informacion que ofrecedes ós cativos e ós que xa non son e pola sua presentación
    sinxela e atractiva

  34. LOURDESon 08 May 2008 at 11:19 pm 34

    Un corazón. Sí, un corazón. Así sentimos todos a biblioteca no noso cole. Ela é un motor que move moitísimas das actividades do centro. Entrar nesa nave, énchenos de maxia e aventura, o recanto é unha arteria mais que nos permite disfrutar moitísimo do gran traballo dos nenos. Gracias pola vosa especial dedicación Julia, Cristina e Lucía, por ela cada vez góstanos mais ler. Tamén gracias Charo polos teus chulísimos Miks.
    ¡Felicidades!

  35. Geli y Javion 09 May 2008 at 8:57 am 35

    Para nosotros, no sois finalistas, sois los GANADORES.
    Enhorabuena, noraboa, congratulations…….

  36. Juliaon 09 May 2008 at 2:47 pm 36

    Moitíiiiiiiiiiisimas grazas! É unha grande satisfacción ver que o noso traballo ten semellante acollida entre compañeiros, alumnado, familias e mesmo entre outros “navegantes” da blogosfera.
    O meu agradecemento a todos e cada un dos que deixastes aquí os vosos comentarios, manifestando así o voso apoio a este espacio. Síntome xa moi recompensada.
    Apertas.

  37. Olga R.on 09 May 2008 at 4:35 pm 37

    Visítovos case diariamente. Sempre aprendo algo. O máis especial que tendes é que comunicades ganas de traballar, de ler, de disfrutar.
    noraboa, polo estilo.

  38. Rocíoon 13 May 2008 at 7:10 pm 38

    Noraboa Mik por ese traballo de tantísimas horas e tan ben feito. Moito ánimo e moita sorte. Merecédelo.

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

You must be logged in to post a comment.