Arquivos do Trasno

Marta Pía Lorenzo nos presenta el blog Arquivos do Trasno para la categoría Blogs de Bibliotecas Escolares.

trasno

Botamos a andar hai dous anos aproximadamente, sen saber apenas nada deste medio nin como ía resultar a experiencia. O obxectivo fundamental era facer visible a biblioteca do noso IES, na que estabamos a realizar unha gran transformación. O blog sería unha fiestra aberta a toda a comunidade educativa a través da que poderían ver as posibilidades que ofrece unha biblioteca para realizar todo tipo de actividades cos alumnos, e tamén as posibilidades que ofrecen as TIC no día a día das aulas, o que podería aportar un plus de motivación aos alumnos. Había que romper rutinas e eliminar estereotipos, e o blog podía ser unha axuda impagable.
A día de hoxe, conscientes de que queda moito, moito, moito por andar, cremos ter posto a primeira pedra, porque este blog é xa unha referencia para unha parte importante do alumnado, e tamén para algúns profesores e mesmo pais de alumnos.

1 comment to Arquivos do Trasno

  • O voso traballo é impecable, podedes estar seguros. Dende a importancia concedida aos clásicos, ata as recomendacións de lectura, as actividades que facedes na biblioteca…Encántanos o voso blog!
    Dende Silleda, os nosos parabéns e unha aperta enorme.

Escriba un comentario

 

 

 

Usted puede utilizar estas etiquetas HTML

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>