LÚA DE ALGODÓN

MERCHI MARTÍNEZ MONTERO nos presenta su blog: “ LÚA DE ALGODÓN “, en la categoría de Blogs de Profesores y Profesoras de Infantil .

2010-03-09_1559

“Ola a tod@s. Son Merchi, unha mestra máis de Educación Infantil que vai facer agora un ano tomei a iniciativa (grazas a un cursiño feito no cole) de crear e intentar levar adiante un blogue; algo para min totalmente descoñecido, pero que axiña espertou o meu interese por aprender cada vez máis, por buscar información, por facerme un pouco autodidacta, cos meus erros e ao mesmo tempo co meu tesón ( cústame un pouco enterderme cos ordenadores). E todo o que me queda por aprender e experimentar…!
A finalidade do meu blogue foi desde un principio achegar as familias e ao meu alumnado a un novo xeito de comunicación, a través das novas tecnoloxías, e poder así abrir unha gran ventá para que poidan coñecer un pouco mellor a vida na escola: algúns contidos traballados, actividades realizadas polos seus fill@s, implicación da familia en actividades, fotos de momentos especiais na vida escolar, experiencias na aula…
Ao mesmo tempo poñer aos nen@s en contacto con páxinas web consideradas de interese (xogos e páxinas infantís, cancións,actividades, contos…) de acordo coa etapa infantil na que se atopan, para achegalos ao mundo das TICS, un mundillo motivador, que nos permite reforzar contidos curriculares, divertirnos, aprender xogando… Eu espero dispoñer de internet na clase algún día, antes de que me toque facer “”pausa”" no blogue, porque a verdade é que son moitas hora adicadas; pero o que máis compensa de todo é a ilusión dos nen@s e saber que as familias VALORAN O TEU TRABALLO.”

6 comments to LÚA DE ALGODÓN

  • A finalidade deste blog ,Merchi, xa o tes conseguido só hai que ver a cantidade de comentarios das túas familias, e agora tamén dos teus nenos e nenas.
    Noraboa polo traballo!!!
    Aos que non o coñecedes invítovos a pasearvos por este blog porque merece a pena.

  • Acabo de coñecer este blog e paréceme precioso. Cheo de recursos ben escollidos, cunha estética moi coidada que transmite alegría, uns contidos que revelan a ilusión e o amor ao traballo…, un blog para disfrutar. ¡Parabéns e moita sorte!

  • Acabo de conocer vuestro blog y está genial. No dejaré de visitarlo. Suerte

  • Graciñas Julia polo teu comentario.Non vexas que contenta me puxen ao ler as túas palabras. A verdade é que a ilusión e o amor ao traballo son o motor que me impulsa e me fai seguir día a día.
    Un saúdo e graciñas de novo.

  • BUENO MERCHI QUE PROFE TAN TRABAJADORA ERES QUE BLOG MAS BONITO TIENES,COMO PROFE ERES GENIAL, CUANTO TE HECHARAN DE MENOS LOS NIÑOS ESTAS PEQUEÑAS VACACIONES UN SALUDO

  • Ola Marta. Graciñas por visitar o meu blogue. Eu andiven paseando polo teu e está fantástico. graciñas polo teu comentario.

Escriba un comentario

 

 

 

Usted puede utilizar estas etiquetas HTML

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>