Adelia Troncoso Fernández nos presenta su blog: “ Biblioteca IES Val do Tea “, en la categoría de Blogs de Bibliotecas Escolares .
O blog da Biblioteca do IES Val do Tea, comezou sendo un blog xurdido ó abeiro do club de lectura e administrado pola encargada das TICs, pero pasou logo a ser un blog de biblioteca no que se da conta de actividades que se fan nela, celebracións, reunións dos clubs de lectura e impresións que xurden deles, entre outras cousas. Quen fai a meirande parte das entradas é a actual Coordinadora de biblioteca en nome do Equipo, pero estamos introducindo máis convidados e esperamos ampliar as invitacións ós alumnos/-as do Grupo de Biblioteca, Club de Lectura e os profesores do Equipo de Biblioteca que estean interesados. Unha etiqueta que nos parece interesante é a de Ler online na que imos informando de cousas que se poden ler na rede, ademais das reseñas que se fagan das novidades que entran na biblioteca.
Acabamos de conocer vuestro trabajo, a través de este certamen, y nos encanta. Os seguiremos a partir de ahora. Parabéns e saúdos dende Loranca.
Grazas desde o Val do Tea e as apreciacións son recíprocas. Seguiremos o voso. Saúdos.
Fermosísimo blog.
Noraboa polo voso traballo.
Apertas como páxinas
Bea
Moi boa a imaxe do “Libro manancial”, ao igual que todo o blog. Desexámosvos moita sorte. Saúdos desde o val do Támega.
Grazas a todos/-as polos vosos comentarios. Saúdos veciñais para Bea e de Val a Val para Serafín.